A clínica EKOS abre as súas portas.
En Agosto do 2022 ponse en marcha o proxecto EKOS (Espazo de Kinesioloxía, Osteopatía e Saúde), un espazo de terapia manual que leva moita ilusión nas maletas.
O noso obxectivo principal e ofrecer un tratamento individualizado e único para cada paciente.
Isto conseguímolo tendo en conta as características propias de cada persoa xunto cos coñecementos que nos aportan a psiconeuroinmunoloxía, a medicina tradicional china, a osteopatía e o amplo abanico de testaxe do que dispon a kinesioloxía, que nos permite elaborar un diagnóstico sobre a causa da doenza.
Posteriormente, aplicando as técnicas propias de cada disciplina e facendo partícipe á persoa coa comprensión da súa patoloxía, lévase a cabo unha abordaxe adaptada ás necesidades de cada paciente e unha toma de conciencia pola súa parte, sendo esta unha das bases para a mellora da saúde persoal.