Entradas

Breve historia da osteopatía

Poderíamos considerar a Andrew Taylor Still, como o pai da osteopatía. Nado en Jonesborough, Virginia, o 6 de Agosto do 1828, estudou medicina na Universidade de Medicina de Kansas City na década do 1850-1860. Grazas á paixón que sentía pola estructura e a funcionalidade do aparato locomor, así como o seu intenso desexo de atopar unha medicina natural, capaz de tratar a enfermidade sin facer uso dos fármacos, creou a técnica da “manipulación ósea”, convirtíndose na chave do seu novo método, a osteopatía.

O Dr. Still foi o primeiro en comprender a importancia das relacións que existen entre o equilibrio funcional do conxunto das estructuras do corpo e a saúde, é dicir, a medicina global. O profundo coñecemento da anatomía e fisioloxía humana, permitiríanlle atopar a explicación mecánica do funcionamento dos órganos e comprender mecánicamente, como abordar con maior eficacia as patoloxías do momento. Chegou a formular a teoría de que todos os elementos do corpo humano (ósos, articulacións, vísceras, vasos, nervios, glándulas endrocrinas, músculos,…) unidos a través das fascias, constituirían unha unidade funcional global. Desta forma, todos os elementos internos do corpo interrelacionanse entre sí constantemente e de forma coordinada, formulando o axioma “A estructura goberna a función”.

Tras mudarse a Kirksville, o 1 de Novembro do 1892, fundou a primeira escola de osteopatía, onde os irmans Litteljohn, J.Martin, James e David eran profesores á vez que cursaban os estudos de osteopatía. Eles, xunto a Willian Smith, defenden unha osteopatía fundada sobre a fisioloxía por encima da anatomía.

Tras a morte de A.T. Still en 1917, colle o relevo a segunda xeración con J.Martin Littlejohn e Willian Garner Sutherland. 

En 1918, J.Martin (1865 – 1947) abre en Londres o Colexio Británico de Osteopatía, hoxe en día o mais antigo de Europa. Algunhas das suas reflexións: “A saúde implica o axuste postural perfecto”, “O corpo de pé nunhas condicions determinadas, xogando coa gravidade, manténse dereito polo seu tono muscular, sólo coas contracións que responden ás oscilacións dinámicas do ser vivo”, “ a maioría dos problemas de saúde que sofre actualmente a humanidade derivánse directamente da súa adaptación inaxeitada á posición erecta”.

W.G. Sutherland (1873 – 1954), graduouse en osteopatía en 1898, pero dende o comenzo dos seus estudos, adícase a investigar as funcións biomecánicas do organismo e a identificar a anatomía do corpo con vida, como poden ser o fluxo do líquido cefalorraquídeo, a circulación sanguínea, a textura dos texidos… En 1900, empezou a intuir sobre o movemento respiratorio primario (MRP), falando de que o sistema nervioso central está en constante movemento rítmico e que este é vital para a saúde humana; teorías hoxe en día corroboradas e aceptadas como un feito médico.

Harold Magoun (1898 – 1981) foi considerado o heredeiro espiritual de W.G. Sutherland, difundindo o novo plantexamento osteopático. Colaborou con outros importantes osteópatas como Viola Frymann e John Upledger.

Dr. John Upledger (1932 – 2012), doctor en Medicina e Osteopatía e ciruxano, ao que anos de investigacións clínicas e de exercer como profesor de biomecánica, o levaron á creación da terapia cráneo-sacral.

Viola Frymann (1921 – 2016), médica, ciruxana, homeópata e osteópata, tras moitos anos conducindo a súa familia na práctica osteopática, poñendo especial énfasis nos problemas dos/as nenos/as, funda no 1982 o Centro de ensinanza de osteopatía infantil (OCC).

Jean Pierre Barral e Pier Mercier, elaboraron os procedementos referentes ó sutil tratamento das vísceras abdominais e pélvicas, desenvolvendo a Osteopatía visceral.

Entre 1899-1901 A.T.Still, sintetiza as súas observacións enunciando os catro principios fundamentais nos que se basa a osteopatía:

– A unidade do corpo.

– Relación estructura/función.

– A autocuración.

– A ley da arteria é absoluta.