AS NOSAS TERAPIAS
PSICO-NEURO-INMUNOLOXÍA

Psico-Neuro-Inmunoloxía

A Psico-Neuro-Inmunoloxía é unha disciplina que contempla a relación directa entre os sistemas psicolóxico, nervioso, endrocrino e inmune no corpo humano.

A aparición da enfermidade, significa unha alteración agravada da homeostase do organismo, e é o correcto funcionamento destos sistemas o que nos permite a súa regulación e polo tanto, a resolución da enfermidade.

Factores como carencia no aporte de nutrientes, falta de exercicio, insuficiente eliminación de tóxicos, descanso alterado ou a xestión do estrés, poden alterar a súa funcionalidade. Por elo, ter en conta esta conexión na busca da causa permítenos un tratamento individual e personalizado para cada persoa.

«El arte de curar viene de la naturaleza, no del médico»

Paracelso.

Kinesioloxía

A kinesioloxía holística é unha técnica diagnóstica e terapéutica, que nos permite evidenciar os posibles desequilibrios que un corpo padece. É un método de tratamento integral que une a fisioloxía médica actual con experiencias e coñecementos milenarios.

Deste xeito, a kinesioloxía pretende fortalecer ó corpo administrándolle aquilo que o fortalece e evitando todo aquilo que o debilite.

O obxectivo principal é aumentar ou optimizar a enerxía do corpo e estimular a capacidade autocurativa do organismo coa finalidade de restablecer a saúde.

Para todo isto, a kinesioloxía sérvese dun test muscular co que pode evidenciarse qué debilita ou qué fortalece ó organismo humano, dito doutra maneira, realizase un interrogatorio entre o terapeuta e as respostas musculares por parte do paciente.

«La naturaleza de las enfermedades es la misma, pero cada cual enfermará a su modo«

Hipócrates.

Kinesiologia
Acupuntura

Medicina Tradicional China

A medicina tradicional china dispón dunha serie de piares teóricos fundamentais: a teoría do yin-yang, a teoría dos cinco elementos e o concepto unitario do todo. Tamén conta coa descrición dos canais enerxéticos (meridianos), distribuídos ó longo do corpo.

O diagnóstico a partir das teorías, xunto á localización dun bloqueo na circulación sanguínea ou enerxética nalgún dos meridianos, permite a abordaxe mediante as diferentes ferramentas descritas pola MTC (acupuntura, moxibustión, tuina, fitoterapia…), devolvendo a normalidade ó fluxo vital do corpo e como consecuencia a normalidade das funcións corporais físicas e psíquicas.

«Un camino de mil millas empieza con un primer paso«

Lao-Tse.

Osteopatía

A osteopatía é unha filosofía terapéutica, fundamentada por cinco principios, que permiten unha visión global para comprender a reacción do corpo humano fronte a calqueira patoloxía.

Contén un conxunto de técnicas sobre os diferentes órganos do corpo (músculos, ósos, articulacións, vísceras, fascias…) baseadas nos coñecementos de anatomía, fisioloxía, bioloxía e química, para recuperar o equilibro das tensións corporais e o libre movemento correspondente a cada estructura.

«El funcionamiento del hombre es uno e indivisible; cualquiera que sea la alteración de un órgano, repercutirá en
todo el organismo
«

A.T.Still.

Osteopatia
fascial

Inducción Miofascial

A indución miofascial, é unha técnica de avaliación e tratamento a partir da fascia. A fascia é un tecido conectivo único, considerado un órgano de comunicación, xa que envolve cada un dos órganos do noso corpo aportándolle funcións unificadora, protectora e correctora.

Polo tanto, unha restricción en algún punto da fascia pode desencadear unha alteración na correcta funcionalidade noutra parte do corpo.

«El sistema fascial no solamente une varias partes de nuestro cuerpo, sino que junta numerosas ramas
de la medicina
«

Bienfait.